Foto: Lola Tourón
Asumindo
a definición da wikipedia, as artes e tradicións populares son as
manifestacións materiais, artísticas e espirituais, transmitidas e
creadas polo pobo.
O
que nos parece interesante destacar é que estas tradicións
interactuaban na dinámica social e desenvolvíanse en función das
necesidades materiais e sociolóxicas das comunidades. Existían
porque eran parte integrante e necesaria da vida das persoas e foron
enriquecéndose cos coñecementos perfeccionados ao longo de
xeracións. Toda esa riqueza está a piques de perderse coa
desvalorización actual, o abandono do rural e certa cegueira
soberbia dunha sociedade que asume como desenvolvemento o que máis
ben se está a amosar como
insostibilidade e destrozo.
Ao
longo da Historia existen múltiples exemplos, en todo o
mundo, de como as mulleres ficaron sendo as preservadoras dos saberes
que a modernidade e o patriarcado despreza. Máis aínda, sabemos que
o traballo, as capacidades, e ata o corpo das mulleres ven sendo
controlado polos poderes de Estados, Iglesias e patriarcados ao uso.
Mulleres libres, con coñecementos e saberes que escapaban á
autoridade patriarcal foron queimadas por “bruxas”. En Calibán
y la bruja1,
destácase a necesaria subordinación das mulleres para o
desenvolvemento do capitalismo.
Na
información recopilada sobre a posición das mulleres na olería
tradicional de Buño (que
non difire do descrito noutras zonas oleiras de toda Galiza)
descríbese unha
división de tarefas en función do sexo: as mulleres tiñan
adscritas as tarefas que precisan de paciencia e precisión mentres
que aos homes se lles asignaban
aquelas que teñen que ver coa forza e a toma de decisións. As
tarefas das mulleres eran consideradas como auxiliares ás dos
homes2.
A
realidade non respondía totalmente a este modelo e as mulleres
realizaban moitas tarefas duras e que requirían coñecementos
precisos, como varias das que se lles asignaban nas coccións. Tiñan
vetado o uso dos tornos para a creación das pezas, no que levaban o
mérito os oleiros, pero na práctica realizaban algunhas pezas. Como
ocorre en moitos outros ámbitos, a característica principal era a
falta de valoración das tarefas das mulleres fronte ás dos homes.
Un
estudio
sobre desigualdade
de xénero
no
sistema da
arte en España, da historiadora da
arte
Marta
Pérez Ibáñez,
reflicte
que as mulleres
ocupan só
o
27% dos catálogos das galerías e
o
prezo
das
súas
obras é
menor.
Esta
situación ten motivado a creación de asociacións de mulleres como
Blanco,
Negro y Magenta,
mulleres
artistas que traballan no campo das artes visuais sobre o concepto de
xénero a través de exposicións, tertulias e unha publicación
propia3.
Na
web de
Cultura
y Género
recóllense numerosas asociacións e colectivos de mulleres na
cultura, algunhas de ámbito internacional e tan coñecidas como
EmPoderArte,
asociación
internacional
de mulleres
artistas.
Por
outra banda, é
necesario desmentir o estereotipo que se adoita ter desde
os ámbitos urbanos dunha
muller rural pasiva
e desinteresada cando
a realidade é que son axentes sociais activos na
procura
de
melloras para a contorna que as rodea. Entenden a importancia do
concepto de comunidade e por
iso son maioría en case todas as asociacións que se crean no seu
entorno
ou
que elas mesmas crean.
Na
Galiza hai diferentes exemplos de traballos que tradicionalmente
estiveron a cabalo entre a industria e
a artesanía, como
as redeiras, un
traballo
manual imprescindible para a industria da pesca y dificilmente
sustituible por máquinas, realizado case na súa totalidade por
mulleres en
condicións difíciles, que poñían en risco a súa saúde.
En
2004 constituíron a Federación
Galega de Redeiras Artesás
para
reclamar visibilidade, recoñecemento e mellores condicións
laborais.
O
Consello da Cultura Galega considerou
necesario
por
en valor o legado das tocadoras
a
través do proxecto Axudádeme
a cantar,
un conxunto de seis vídeos que buscan visibilizar o canto acompañado
con percusión de man mantido
polas mulleres que pasaban os coñecementos de xeración en xeración
e
que son as grandes esquecidas da cultura tradicional oral da
Galiza4.
Pero
ademais, os espazos de traballo nos que as mulleres se
xuntaban eran espazos de liberdade, tal como explicou a historiadora
Encarna Otero nunha homenaxe ás lavandeiras celebrado en Compostela
en marzo de 2017:
“Sobre todo porque alí non había homes. Elas cantaban,
rexoubaban, contaban contos, facían unha especie de terapia
colectiva na que criticaban o mundo para o que elas lavaban: a
igrexa, os señores..."5
Sara,
coñecedora dos procesos da la e o liño desde sempre, comenta no
documental das Espigadoras6
Oficios
para sempre. Traendo ao presente,
que o que máis lle gustaba era o “tascadeiro” do liño: “viñan
moitas mulleres, e logo aproveitaban vir os mozos para tirarlle
piropos ás que lle gustaban e contábanse contos, botábanse
retrousos, cantábase e bailábase”. Eran espazos sociais e de
lecer que se constituían ao redor de tarefas artesás compartidas
polas mulleres.
Nun
estudo sobre mulleres artesáns que se sitúan na periferia da
actividade estable económica traballando nos mercados de venta
directa ou tradicionais7, a autora sinala que “o mercado
tradicional propiamente dito era un espazo puramente masculino, no
tocante ós oficios artesanais. O papel das mulleres artesás era
secundario ou reducido a oficios concretos relacionados
principalmente coa venda de comida (excedentes domésticos). O papel
artesá da muller no espazo de venda público non existía
practicamente xa que, a venda da mercadoría das artesanías
feminizadas (tecedeiras, palilleiras, etc), era unha venda privada ou
directa ós clientes (ás casas, por encarga). O espazo de venda na
feira, dende o punto de vista artesá e de oficios, era puramente
masculino (zoqueiros, zapateiros, torneiros, telleiros, oleiros,
etc)”.
Por
esa razón indica que as mulleres valoran a conquista destes espazos
como “unha forma de empoderamento da muller”.
No
documental xa nomeado, Oficios para sempre. Traendo ao presente,
Josefa Lombao, oleira de Bonxe, relata que “a muller, antes como
agora, facía de todo”; a súa aboa, muller de carácter, ía a
vender ás feiras as pezas que facía o seu marido, oleiro.
O
estudo indicado anteriormente, aínda que feito no 2008, parécenos
que na súa maioría segue a estar vixente. Sinala o “problema para
as xeracións de mulleres que son recoñecidas e identificadas coma
artesás, pero que aprenderon e exerceron a súa profesión no
obradoiro informal e que, aínda querendo optar pola
profesionalización oficial se topan de fronte cunha lexislación que
non lles recoñece a actividade, tendo que acceder ás aulas a
aprender de novo para ser recoñecidas administrativamente como
artesás. Para superar esta situación estas mulleres, evitan o curso
oficial e seguen desenvolvendo a súa actividade informalmente nun
entorno xa conquistado onde non se cuestiona a súa actividade. A
superación das barreiras de xénero son tan importantes coma a
superación das barreiras administrativas. O desenvolvemento persoal
das mulleres coma artesás pasa polo recoñecemento da súa
actividade plenamente, sen limitacións nin condicionamentos,
eliminando as barreiras temporais e puntuais da súa actividade
trasladando as súas necesidades e opcións persoais a planos
estables de actividade económica e laboral”.
“A
necesidade de cotizar á Seguridade Social unida a inestabilidade do
mundo laboral, provocan a necesidade de buscar un emprego remunerado
para afronta-los gastos da unidade doméstica. Isto unido os dados
sobre as cargas familiares, provocan unha situación de
inestabilidade laboral i económica nas mulleres artesás”.
“O
feito de ve-la artesanía coma un modo de vida, asociada a valores
fortemente identitarios da cultura tradicional galega, non quita que
non se valore o lado pragmático e utilitarista da mesma”.
As
artesás entrevistadas pola autora sinalan que “tiñan que facer un
réxime especial para os artesáns. Máis flexible. Tal e como está
a artesanía hoxe en día non podes vivir desto”.
Por
outra banda “no caso das artesás, existe una busca da
sociabilidade con outras mulleres artesás, pero non se limita a un
solo espazo senón que se estende máis aló da xornada festiva. O
que vai reforza-la súa identidade coma artesás, pero tamén coma
mulleres”.
Guadalupe
Jiménez Esquinas, que realizou unha tese universitaria titulada
Del paisaje al cuerpo: una crítica
feminista de la patrimonialización del encaje en la Costa da Morte,
destaca que “as mulleres xogaron
un papel vital na conservación, mantemento e
coidado da
cultura, as tradicións,
o popular, a vida social, a economía cotidiá,
etc. Estes
traballos foron
considerados como parte das
súas obrigas,
son donacións
invisibles. Porén,
teñen repercutido
no ben doutras
persoas ou da
sociedade en
xeral. Estes
traballos de
coidado estanse
a incrementar
a medida que avanza a despoboación,
terciarízase
a economía, precarízanse
os traballos e
á vez
increméntanse
os patrimonios: cada vez hai
máis cousas
que se consideran dignas de preservarse e
de invertir nelas. Isto
produce unha
sobrecarga das mulleres
e, á
larga, prantexa
unha
insostibilidade
do modelo. Nesta
tese o que
prantexo
é a necesidade
de contabilizar todas estas inversións
e reclamar algún
tipo de retorno”8.
Bibliografía:
1.-
Federici, Silvia. Calibán y la bruja. Mujeres, cuerpo y
acumulación originaria. Traficantes de sueños. Madrid, 2010.
2.-
Artigo:
Mulleres
na olería de Buño.
Memoria
das tarefas asignadas e conquistadas (1940-2013).
Da
web Cultura Galega (Mulleres
na olería de Buño | Álbum de mulleres | culturagalega.org)
3.-
Torrente,
Maite. Las
mujeres en el arte: una historia de silencio, olvido y brecha de
género aún por superar. Artigo
publicado
en “Público” (dixital). Madrid
(06/02/2022).
4.-
Artigo:
'Axudádeme
a cantar': historias dunha literatura oral sostida por mulleres que
ficaron invisibilizadas. Do
xornal dixital Praza.gal
(02/02/2023).
5.-
Pérez
Pena, Marcos. Artigo:
Homenaxe
ás lavandeiras: "Os espazos de traballo das mulleres eran
espazos de liberdade". Do
xornal dixital Praza.gal (16/03/2017).
6.-
Caneiro
Yáñez, Estefanía; Castro Fernández, María; García Méndez,
Paula; Guardia Gamarra, Diego Alejandro; e Tejeda Alonso, Juan
Manuel. O documental Oficios
para sempre. Traendo ao presente
recolle a testemuña de varios artesás tradicionais de oficios en
perigo de desaparición en Galicia. Este traballo nace da
colaboración entre a asociación As Espigadoras e alumnado da USC do
Master en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, ao abeiro
da “Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural”, que
vincula a profesionais da educación/investigación e entidades que
están a traballar no medio rural con perspectiva de sostenibilidade,
co obxectivo de que o estudantado colabore cos colectivos ao tempo
que aborde contidos educativos.
7.-
Sánchez Pérez, Laura.
Estudo final do Proxecto de investigación aplicada á situación
empresarial das mulleres no ámbito da artesanía galega. Venta
ambulante, traballo soterrado i economías persoais. Universidade
da Coruña (2008).
8.-
Una
tesis del Incipit analiza los procesos de patrimonialización de la
artesanía textil del encaje de Camariñas | Delegación del CSIC en
Galicia
Lucía Medina Navarro
As Espigadoras