O pasado 2 de marzo iniciamos un obradoiro moi interesante, impartido por Andrés Reboreda sobre: O uso da enerxía rexenerativa dos bosques para recuperación da Natureza. (Terra. Auga. Aire)
Forma parte da programación organizada polas Espigadoras e desenvolverase en 4 sesións, ás que se pode asistir de xeito individualizado. Se non ves a algunha non hai problema, contámosche o que fumos facendo e segues o proceso.
Trátase dunha práctica para “sembrar vida”, recolectando os microorganismos do bosque e “sembrándoos” despois para diseminar vida, rexenerar e aumentar a biodiversidade das nosas terras.
Todas as sesións son de 11:30h a 13:30h:
- Primeira sesión, 2 de marzo: Petición de permiso ao bosque e sementado de bolas de arroz para a recolección.
Fixemos bolas de arroz cocido que metemos en botes tapados cunha tela suxeita cunha goma e cuns buratiños. A continuación levámolos ao bosque e quedaron sobre o chan boca abaixo, debaixo da capa de follas, tapados da luz. Marcamos o sitio cun pau para ir recollelos cando pasen a lo menos 15 días.
Pasado este tempo observamos diferentes crecementos microbianos nas bolas de arroz, tal como se ve nas seguintes fotografías.
- Segunda sesión, 23 de marzo: Enerxía rexeneradora feminina. Primeira fermentación.
Recollimos os tarros do bosque e fixemos unha mestura coas bolas de arroz e varios ingredientes en auga para fomentar un proceso de fermentación e crecemento dos microorganismos.
- Terceira sesión, 6 de abril: A reprodución e o nacemento da rexeneración. Segunda fermentación.
- Cuarta, 20 de abril: Enerxía masculina. Expansión. Terceira fermentación
Contacto: asespigadoras@gmail.com ou Lola Tourón: 659286528.
No hay comentarios:
Publicar un comentario