Ao longo de 2023 As Espigadoras continuamos as actividades que viñamos desenvolvendo en anos anteriores e algunhas novas.
Neste
ano impartíronse 15 obradoiros en Caborrecelle e, por primeira vez,
un en Recelle; así como a xornada de intercambio de sementes que
repetimos todos os anos.
Temos
que agradecer a excelente labor das
mestras e
mestres que nos acompañaron.
Compartimos
aprendizaxe, conversas, diversión,
comidas...
Tamén continuamos a nosa participación na Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural, da Universidade de Santiago de Compostela, que pon en comunicación ao alumnado con asociacións que traballamos no rural cunha perspectiva de sostenibilidade, para promover unha colaboración interesante para ambas partes, cun formato de Aprendizaxe e Servizo.
No 2023 alumnado do Grao en Publicidade e Relacións Públicas realizaron para nós un plan estratéxico de comunicación.
Así mesmo, o documental Oficios para sempre. Traendo ao presente, elaborado como unha pequena mostra dalgúns oficios tradicionais que están en serio perigo de desaparición en Galicia e de como eses saberes formaban parte da cultura dun pobo e se facían imprescindibles para a vida das persoas, foi realizado por un grupo de alumnas e alumnos do Master en Dirección de Actividades Educativas na Natureza.
Aínda que pareza unha frase feita, é ben certo que nada disto sería posible sen a vosa participación. A de todas as persoas que nos acompañades nos obradoiros e as actividades, que propoñedes, que participades e que disfrutades con nós. Este é tamén o voso proxecto e esperamos seguir compartíndoo por moito tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario