.jpg)
O pasado 2 de marzo iniciamos un obradoiro
moi
interesante, impartido por Andrés Reboreda sobre: O
uso da enerxía rexenerativa dos bosques para recuperación da
Natureza. (Terra. Auga. Aire)
Forma
parte da programación organizada polas Espigadoras e desenvolverase
en 4 sesións, ás que se pode asistir de xeito individualizado. Se
non ves a algunha non hai problema, contámosche o que fumos facendo
e segues o proceso.
Trátase
dunha práctica para “sembrar vida”, recolectando os
microorganismos do bosque e “sembrándoos” despois para diseminar
vida, rexenerar e aumentar a biodiversidade das nosas terras.
Todas
as sesións son de 11:30h a 13:30h:
-
Primeira sesión, 2 de marzo: Petición de permiso ao bosque e
sementado de bolas de arroz para a recolección.
Fixemos
bolas de arroz cocido que metemos en botes tapados cunha tela suxeita
cunha goma e cuns buratiños. A continuación levámolos ao bosque e
quedaron sobre o chan boca abaixo, debaixo da capa de follas, tapados
da luz. Marcamos o sitio cun pau para ir recollelos cando pasen a lo
menos 15 días.
Pasado este tempo observamos diferentes crecementos microbianos nas bolas de arroz, tal como se ve nas seguintes fotografías.
-
Segunda sesión, 23 de marzo: Enerxía rexeneradora feminina.
Primeira fermentación.
Recollimos os tarros do bosque e fixemos unha mestura coas bolas de arroz e varios ingredientes en auga para fomentar un proceso de fermentación e crecemento dos microorganismos.
A partir de agora esperámoste, anímate a seguir o proceso con nós. Temos unha garrafa de 20L na que está ocurrindo esa primeira fermentación. Na vindeira sesión seguiremos cunha segunda fermentación, e multiplicaremos o produto. Ao final repartirémolo para mellorar as nosas hortas, limpar augas, mellorar o funcionamento de fosas sépticas, etc.
- Terceira sesión,
6 de abril: A reprodución e o nacemento da rexeneración. Segunda
fermentación.
-
Cuarta, 20 de abril: Enerxía masculina. Expansión. Terceira
fermentación
Contacto:
asespigadoras@gmail.com
ou Lola Tourón: 659286528.