miércoles, 29 de mayo de 2024

As Espigadoras na loita contra Altri

 

As galegas e os galegos vémonos obrigados, unha vez máis, a loitar pola terra, a auga, a vida e a dignidade, contra o macroproxecto de Altri. Xa non é necesario explicar o que suporía unha celulosa de dimensións descomunais para a comarca da Ulloa e os territorios que afectaría, o río Ulla e a ría de Arousa e, por suposto, a vida e o sustento das persoas que ocupan todos eses territorios.


Desde As Espigadoras queremos dar as grazas ás maravillosas mullerazas da comarca da Ulloa por estar alerta e contarnos as verdades que escondía o proxecto, xunto cos grupos ecoloxistas e, a continuación, centos de asociacións e persoas de todo o país.

Lévase feito un gran traballo de información e denuncia, lévanse presentado alegacións que, ata a data, están sendo ignoradas, pero non hai volta atrás, e menos despois de la forza que nos imprimiu a masiva mobilización do domingo 26 de maio en Palas de Rei.

Non imos parar: a auga é nosa e non da celulosa, cantábamos na mani. ¡Altri NON!


No hay comentarios:

Publicar un comentario