A
asociación
As Espigadoras ten un convenio coa Universidade de Santiago de
Compostela para a realización de programas de Aprendizaxe e Servizo
entre a comunidade universitaria da USC. En
concreto participamos nun
proxecto que pretende traballar a conexión que as aulas educativas
poden ter co seu entorno próximo para fomentar a aprendizaxe, da man
de colectivos que traballen para mellorar o medio e a comunidade.
No
marco desta colaboración acollimos dúas xornadas de traballo
conxunto con varias alumnas de Formación do Profesorado, que
dedicamos á execución de diversas obras de cestería para horta e
espazos de lecer.
Disfrutamos
moito da experiencia, avanzamos traballo e esperamos que ás alumnas
implicadas lles teña servido de aprendizaxe e lles sexa útil para
elaborar un proxecto de interese para a súa formación como futuras
educadoras.
Damos
as grazas a David, un dos responsables do programa, pola coordinación
das actividades e as verbas que nos envía:
Na
materia Educación en Contextos Rurais, impartida polas profesoras do
GI-ESCULCA Carmela Cambeiro Lourido e David García Romero, puxemos
en marcha un formato de prácticas seguindo a metodoloxía da
aprendizaxe-servizo, na cal convidamos ao alumnado a participar con
diferentes asociacións que actúan no medio rural en diferentes
ámbitos.
Esta
iniciativa é posible grazas ás relacións feitas na Comunidade de
Accións e Saberes Arredor do Rural, e agardamos que sirva para que
as futuras docentes aprendan a crear a súa práctica profesional en
cohesión coas persoas que coidan a terra e as comunidades e que
comparten o seu saber acumulado ao longo dos anos.
Agradecemos
profundamente poder contar coa axuda das Espigadoras para este
traballo, dando unha oportunidade de interacción humana e rica ao
alumnado. Ao mesmo tempo, nesta relación, que debe ser de simbiose,
tamén o alumnado contribúe en beneficio da asociación, aportando a
súa enerxía e interese e tamén co realización dun traballo final
que deseña como aproveitar o coñecemento e facer das Espigadoras en
centros educativos.
A
nosa esperanza como profesorado é ter fomentado unha relación
mutuamente proveitosa e tela acompañado de maneira atenta e
proveitosa.