Lola
Tourón, cesteira e membra das Espigadoras, defende que para ser
cesteira non só hai que saber tecer un cesto, senón tamén coñecer
as plantas cesteables e o seu manexo.
Todo
isto nos ensina Lola nos seus obradoiros.
En
decembro e xaneiro facemos os de Colmo, porque son os meses nos que
se recollen as silvas axeitadas para coser a palla.
No menguante de xaneiro podamos os vimbios, que poderemos utilizar en
diferentes momentos do ano poñéndoos a remollo cando xa estean
secos.
Podemos
empezar por utilizalos na horta para facer estructuras que nos axuden
a organizar a plantación...
Ao
longo do ano temos moitas posibilidades para cestear...
Coñeces
o cesto de media noz?
...a
cestería de varas...
...a
cestería de lazos...
...a
cestería mixta...
Tamén
podemos forrar botellas e garrafóns...
Se
che gustou o colmo, cosendo dun xeito similar, en distintas épocas do ano podes aproveitar os
materiais e as plantas que nos ofrece a natureza para crear obras
artísticas de cestería en espiral...
Ou
prefires a beleza do kaos?
Animemos
ás nosas nenas e nenos a coñecer a cestería con modelos
sinxelos...
...ou
a aprendela a través dun conto...
Esperamos
seguir compartindo con vós tantos coñecementos e diversión.
No
outono de 2024 volveremos a ofrecer obradoiros coma estes para todas
as persoas que se acheguen.
Agardámosvos!