miércoles, 29 de mayo de 2024

As Espigadoras na loita contra Altri

 

As galegas e os galegos vémonos obrigados, unha vez máis, a loitar pola terra, a auga, a vida e a dignidade, contra o macroproxecto de Altri. Xa non é necesario explicar o que suporía unha celulosa de dimensións descomunais para a comarca da Ulloa e os territorios que afectaría, o río Ulla e a ría de Arousa e, por suposto, a vida e o sustento das persoas que ocupan todos eses territorios.


Desde As Espigadoras queremos dar as grazas ás maravillosas mullerazas da comarca da Ulloa por estar alerta e contarnos as verdades que escondía o proxecto, xunto cos grupos ecoloxistas e, a continuación, centos de asociacións e persoas de todo o país.

Lévase feito un gran traballo de información e denuncia, lévanse presentado alegacións que, ata a data, están sendo ignoradas, pero non hai volta atrás, e menos despois de la forza que nos imprimiu a masiva mobilización do domingo 26 de maio en Palas de Rei.

Non imos parar: a auga é nosa e non da celulosa, cantábamos na mani. ¡Altri NON!


lunes, 13 de mayo de 2024

O mundo da cestería nos obradoiros das Espigadoras


Lola Tourón, cesteira e membra das Espigadoras, defende que para ser cesteira non só hai que saber tecer un cesto, senón tamén coñecer as plantas cesteables e o seu manexo.

Todo isto nos ensina Lola nos seus obradoiros.



En decembro e xaneiro facemos os de Colmo, porque son os meses nos que se recollen as silvas axeitadas para coser a palla.









No menguante de xaneiro podamos os vimbios, que poderemos utilizar en diferentes momentos do ano poñéndoos a remollo cando xa estean secos.



Podemos empezar por utilizalos na horta para facer estructuras que nos axuden a organizar a plantación...




Ao longo do ano temos moitas posibilidades para cestear...






Coñeces o cesto de media noz?



...a cestería de varas...



...a cestería de lazos...



...a cestería mixta...



Tamén podemos forrar botellas e garrafóns...



Se che gustou o colmo, cosendo dun xeito similar, en distintas épocas do ano podes aproveitar os materiais e as plantas que nos ofrece a natureza para crear obras artísticas de cestería en espiral...




Ou prefires a beleza do kaos?




Animemos ás nosas nenas e nenos a coñecer a cestería con modelos sinxelos...



...ou a aprendela a través dun conto...



Esperamos seguir compartindo con vós tantos coñecementos e diversión.

No outono de 2024 volveremos a ofrecer obradoiros coma estes para todas as persoas que se acheguen.

Agardámosvos!


domingo, 5 de mayo de 2024

Os procesos da la nos obradoiros das Espigadoras

As Espigadoras queremos agradecervos estes anos compartindo saberes con todas as persoas que vos achegades a Caborrecelle ou a Recelle.

Nesta ocasión lembramos todos os procesos da la, desde o lavado e fiado, con Flor...






...o uso de tintes naturais para fibras textis, no que tamén nos guiou Flor...




...o afieltrado, coa dirección de Fran...



...e a calceta con cinco agullas para facer luvas ou calcetíns, con Lucía...



Procesos ancestrais, interesantes, bonitos e divertidos, que esperamos seguir compartindo con todas as persoas interesadas.

No outono de 2024 volveremos a ofrecer obradoiros coma estes para todas as persoas que se acheguen.

Agardámosvos!