Entre os obxectivos das Espigadoras están:
A investigación, aprendizaxe e difusión de saberes tradicionais ligados á nosa cultura, o patrimonio histórico, a artesanía, a saúde integral e a mediciña tradicional.
Fomentar o asociacionismo, o cooperativismo, e o traballo en rede, para promocionar e executar actividades promovidas por e para mulleres, especialmente no medio rural.
Fomentar relacións máis respectuosas co medio ambiente e xeitos de vida saudables.
Axúdanos a conseguilos!